Saturday 04 de May de 2024

Inés Rey agradece aos 46 traballadores e traballadoras do Concello que se xubilaron o ano pasado a súa vocación de servizo á cidade


O Palacio Municipal de María Pita acolleu hoxe o acto de homenaxe ao persoal municipal que finalizou o seu percorrido laboral en 2022

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a homenaxe ás 46 traballadoras e traballadores do Concello que se xubilaron ao longo do ano pasado, todas e todos pertencentes a diversas áreas de xestión municipal como a Policía Local, Cultura e Economía e Facenda, entre outras.

A homenaxe tivo lugar este xoves no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita, ás 13.00 horas, e comezou coa lembranza de Inés Rey a Julio Sabugueiro Viñas, un dos traballadores do Concello que se xubilou en 2022, recentemente falecido.

A rexedora fixo entrega dun agasallo a todas as persoas asistentes, agradecendo “o compromiso asumido coa cidadanía da Coruña, para axudala en todo o posible e mellorar o seu día a día, que é a única e verdadeira finalidade de que esteamos aquí, no Concello”.

Ademais, Inés Rey desexou ás e aos asistentes moita sorte na nova etapa vital que comezan. “As portas de María Pita e de todas as dependencias municipais sempre seguirán abertas para vós, porque esta é a vosa casa”, díxolle Rey.

As 46 persoas homenaxeadas na xornada de hoxe

As e os 46 protagonistas da xornada foron Manuel Ángel Aboal, Ana María Álvarez, Luis Arias, Adolfo Barrul, Josefina Blanco, Luis Ernesto Brañas, Ricardo Calderón, José Manuel Cancelo, Manuel Castro, José Ramón Castro, Nieves Chao, Marta Cores, Juan Ignacio Corral, Vicente Coya, Juan Daniel Dequidt, Elva Fernández, Juan Manuel Fernández, Rosa María Freire, María Gacio, Manuel Gándara, Manuel García, Lucía María García, Esther Cruz Lariño, José Manuel López, José Manuel Loureiro, María Teresa Mahía, Juan Martí, Josefina Martín, María Lucía Martínez, Juan Arizmendi Meiras, María Josefa Míguez, María Isabel Morano, Juan Carlos Naveira, Victoriano Pardo, Francisco Xabier Peña, Santiago Pérez, Aurora Prego, Manuel Rodríguez, María Carmen Romeu, José Manuel Rumbo, José Manuel Sánchez, Dolores Soriano, María Dolores Temprano, Pedro Vasco, Jesús Villaverde e Jaime García.